![]() |
Podcasts | Community | Create a Podcast |
|
|
|||||||||||
Alegria CUAC FM's PodcastUn programa de CUAC FM (A Coruña) |
|||||||||||
Alegría en CUAC FM. Último da 8ª tempada. 30/06/2011
June 30, 2011 11:08 PM PDT
Despedimos a tempada con convidados e convidada. Música e arte en directo. Pablo Rodríguez, xente do Proxecto Cárcere (proxecto que gañou o noso Oscuac a mellor proposta colectiva para mellorar a cidade...)
Por certo, na 9ª tempada cambiaremos de páxina na que colgar os podcast. En Podomatic temos que borrar continuamente os anteriores. Visitade www.cuacfm.org e saberedes onde estamos. E se tes Android no teu mobil ou tablet, descarga a Aplicación gratuita de CUAC FM para escoitarnos alá onde esteas. Alegría en CUAC FM. 21X08 do 11 de marzo de 2011
March 12, 2011 12:37 PM PST
Qué barbaridade de titular o da Voz de Galicia!!!
Graciñas! Foto do Ágora, novo centro cívico e moitas máis cousas do que disfrutaremos en breve. Gran edificio e agardamos que nos ofreza grandes Alegrías para a cidade. Alegría en CUAC FM. 20X08 do día 3 de marzo de 2011
March 08, 2011 02:03 PM PST
Saudos!!
Atentas e atentos porque o programa foi apañadiño. Non digo máis para non quitarlle emoción. Na foto, homenaxe a miña aboa que con moitos moitos anos, o día internacional da muller fixo esas 5 potas que vedes para que toda a familia disfrutasemos dunha grande laconada. Vivan as aboas, as nais e as mulleres!!! Alegría en CUAC FM do 17 02 2011. 18X08
February 17, 2011 10:38 AM PST
Ao tolo! Tres entrevistas hoxe. Una con Ana Carballeira, para falar do Espazo solidario (festa colectiva de entidades solidarias da cidade) que se celebra este sábado na sá de Exposicións de Palexco (entrada polo lateral do edificio). E descubrimos que Ana era unha boa ex-cuackera do programa Radio Cativo. Tamén intentamos saber algo máis do pacto cívico e das propostas musicais da cidade. Zonzoo tamén tivo uns minutos. Compran móbiles antiguos e pagan por eles!! Na foto o cartel do espazo solidario deste sábado. Alegría en CUAC FM. 17X08. Día 10 de febreiro de 2011
February 10, 2011 11:54 AM PST
Repasando a actualidade. Recomendando concertos, teatro...
Na foto, a carón do paseo marítimo de Moaña investiron os cartos do segundo plan E en unhas pistas de atletismo chulas para adestrar. Teñen "4 calles" de 400 metros e logo zona de salto de lonxitude...
Alegria en CUAC FM. 16X08. 3 de febreiro de 2011
February 03, 2011 01:26 PM PST
Hoxe falamos de inauguracións (na foto a Fachada da Normal) con Luís Caparrós, que nos convidou a todos o vindeiro luns as 8 da tarde a visitar o novo Espazo de Intervencion Cultural Normal e a facernos amigos do seu facebook. María Xosé Bravo falou da reinauguración da biblioteca do Forum Metropolitano. E nós nun flash fixemos Econova, falamos de corrupción de alcaldes... Gracias Fer Detective Losada por suplir a Mariano que está en Irún dando conferencias!! Toma xa! Alegría en CUAC FM. Episodio 15X08. Día 27 de xaneiro de 2011
January 30, 2011 03:42 AM PST
Esta semán foi unha tolemia. Non paramos de traballar de cara a rematar as obras do Estudio Alexandre Bóveda (na imaxe a placa inaugural). O programa foi un desestresante. Non tivemos convidados pero sacamos pola boca unhas cantas cousas que nos tiñan máis tensos que Gmail cando comezan a fluir correos entre membros de CUAC FM. Disfrato con nós!! P.D. Noraboa a tódolos que traballaron na construcción do novo estudio de CUAC FM. Foi un placer compartir traballo con vos. Alegría en CUAC FM. 14X08. Día 20 de xaneiro de 2011
January 20, 2011 12:25 PM PST
Hoxe falamos con Javier Couso (irmán de José Couso), exemplo de loita contra os estados (USA e España). Moi interesante o que nos contou. Tamén tivemos no programa a dous "manteiros". Odio ese termo. Son persoas que veñen aquí a compartir con nós a sua vida, a axudar as suas familias en Senegal...E non lles deixamos case nin existir. É tremendo como contan que un policía da paisano lles ensina unha placa e lles leva incluso a sua bolsa da compra do supermercado, sin que podan facer nada porque o noso estado non lles da papeis. ¿Cómo nos sentaría se iso nolo conta un irmán noso que se vai a traballar a outro país?
Pasa, estás na tua casa: Alegría en CUAC FM P.D. A foto é da beirarua pola que tódolos días suben centos de pais a levar aos seus fillos ao colexio San Pedro de Visma, en plena Ronda de outeiro. ¿Accesibilidade? Si, para as pantasmas. Alegría en CUAC FM. Día 13 de xaneiro de 2011. Episodio 13X08
January 13, 2011 11:35 AM PST
Alegría!! Chega a nova década dos Alegres anos 10 a CUAC FM.
E non deu tempo a moito máis, pero si que é certo, que saudamos a Álvarez Cascos dende a distancia, por se morde. Dalle a play e compártenos!!! ¿Queres facer radio? Ven a CUAC FM!! Alegria en CUAC FM. Episodio 12. 30 de diciembre de 2010
December 31, 2010 10:48 AM PST
Finaliza o ano!! Acabamos cunha longa entrevista a María, unha coruñesa que vive en Berlín nun espacio autoxestionado de cultura, vida... outros xeitos de sociedade son viables. Falamos con ela porque ao mellor somos capaces de que na Coruña, no antiguo cárcere se proben fórmulas similares para xestionar ese enorme espacio. Paga moito a pena. E cómo fala a rapaza!!! Mola moito de verdade. Escoitámonos en 2011, ano no que CUAC FM cumple 15! Alegría para o 2011 !! P.D. A foto é do personaxe este que temos por Coruña adiante, esta mañá no paseo marítimo. A foto seguinte é de duas señoras as 10 da mañá tomando un baño en Riazor. Alegría en CUAC FM 10X08 16 12 2010
December 26, 2010 01:27 AM PST
Ola irmás e irmáns, Ímonos achegando a fin de ano. En CUAC FM seguimos construindo o noso estudio de gravación. É como o nosa obra do Escorial particular. Namentras, Alegría continúa ofrecendo bos momentos de radio. Seguimos indo unha semán por detrás. Para non cabrearte, por favor, pasa os minutos que falamos da axenda cultural, porque xa pasou todo o que contamos. Boas festas!! Alegria en CUAC FM 9X08 9 de decembro de 2010
December 16, 2010 01:36 PM PST
Chega un novo programa, mais temos que confesar que xa fixemos un novo en directo. Hai cousas coma a axenda cultural, que cando as escoites xa teñen caducado. Ainda así, convidámosche a pasar a nosa, a tua, casiña dos xoves as 4 da tarde. A foto, por un pelín de ná. ¿Estaría dopado? Alegría en CUAC FM 8X08 2 de decembro 2010
December 05, 2010 11:33 AM PST
Alegria chegaba felicitando a Woody Allen polos seus 75 anos e seguía falando de cultura, da orde de deshaucio da Casa das Atochas... Por certo, os Lisboetas estamos moi cabreados porque o contedor de Lixo da Rua Lisboa (enfrente de CUAC) leva moito tempo sen recibir a visita dos responsables de sacarlle o lixo. Unha merda que podedes ver na foto. Pasade e recomendade. Se vos peta. Alegría do 17/03/2010
March 25, 2010 04:50 AM PDT
Outra vez en versión par, xa que Bea non puido vir. Falamos con Manu Clavijo e comentamos algunhas novas interesantes que tiñamos por ahí gardadas no minidisc. ¿Porqué a carón da entrada "falcatruada" no diccionario aparecen fotos de unha chea de politicos?, ¿por qué será?, non sei, non sei ... Por certo, este sábado son os Oscuacs. ¿Nos darán os compañeiros algún parruliño, nos considerarán dignos para algunha candidatura?. A resposta no episodio da vindeira semana. |
Podcast SummaryPrograma en antena desde 2003. Realizado por Bea Ulalume, Mr. Bugalú y Tomi Desastre.
About Alegria CUAC FMAlegría é un programa de radio en galego que se emite cada xoves de 16 a 17 horas en directo en CUAC FM 103.4, a emisora comunitaria de A Coruña (Galicia, España, Europa). Facémolo Bea Ulalume, Mr. Bugalú e Tomi Desastre dende 2003. Falamos de todo o que nos apetece e sempre atopamos un rato para unha boa entrevista e unha canción chula. Podes escoitar máis programas de CUAC FM (ou facer ti o teu propio programa): www.cuacfm.org Followers
Alegria cuac fm's Friends
Contact MeSubscribe to this Podcast![]() |
||||||||||